
JADE4
Punk, pop e ruído.
Jade4 converten o que doe en cancións que apetece cantar a berros. A mestura de tenrura e mal leite que precisamos nas nosas vidas.
Detrás de Jade4 están Nuria (guitarra e voz), Lucía (baixo e voz) e Uzal (batería). Veñen de Lugo e Ordes, atopáronse en Galicia e agora teñen a súa base en Madrid. Comezaron a tocar en 2022, co impulso de algo que entendemos ben: descubrir unha banda e querer probar a facer as túas propias cancións.
O seu primeiro EP, Necesito cuatro minutos, gravouse a finais de 2024 en Kollapse Studio, en Lugo, e publicouse en 2025. As súas cancións pasaron por festivais como FacelaFest e Saturday Fest e por salas madrileñas como Wurlitzer Ballroom, Maravillas e FunHouse.
As guitarras de Jade4 rabuñan, pero as súas melodías quedan. Nas súas letras caben as relacións que se torcen e as dúbidas que custa dicir en voz alta, cun sarcasmo que evita calquera solemnidade.
- ORIXE
- Lugo · Ordes / Madrid
- EN RURAL
- Selo + Booking
- ENLACES
- Contacto ↗
Fotos
Fotografías de prensa


Jade4
Jade4 pasou por FacelaFest, Saturday Fest e salas madrileñas como Wurlitzer Ballroom, Maravillas e FunHouse. Escríbenos para propostas de concertos e festivais.