RURALDesaparecer
Jade4 · Single

Desaparecer

Xa dispoñible

Portada de Desaparecer

Hai relacións que rematan antes de que ninguén diga adeus. Desaparecer fala dese dó que comeza cando aínda estás coa outra persoa: asumir a súa ausencia, prepararte para o final e descubrir que, aínda así, doe máis do que esperabas.

Jade4 cóntao entre lembranzas, dor e sarcasmo. Porque, honestamente, non hai mellor maneira de contar as cousas. E máis se rodeamos todo isto dunha pegadiza e luminosa melodía pop. Non hai maior ironía que a que é capaz de producir a música.

É o primeiro single que Jade4 publica con Rural, gravado e producido por Carlos Hernández en El Castillo Alemán. Chega acompañado dun videoclip con cámara de Dragosh Gursky e montaxe de Dragosh Gursky e Dani Ighlesias.

Máis de Jade4

Escoitar

Vídeos

Desaparecer — Jade4YouTube ↗
PRENSA / PROGRAMACIÓN

Contacto

RURAL / CONTRATACIÓN

Falemos de música.

Cóntanos que estás preparando. Poñerémoste en contacto coa persoa axeitada.

Abrirase a túa aplicación de correo. A mensaxe envíala ti.