Madrid é moi grande. Empezaremos por Sala B.
A festa de presentación de Rural será o 27 de novembro, con Jade4, El Iceberg e As Ánimas.

O 27 de novembro saímos da casa para presentar Rural en Madrid. Será en Sala B, con Jade4 e dúas novas incorporacións ao selo: El Iceberg e As Ánimas. As tres bandas tocarán en directo.
Empezamos este selo desde Galicia e fómosvos contando o que temos entre mans. Agora apetécenos pasar de escribirvos a poder saudarvos na barra, escoitar as bandas e descubrir quen veu.
Jade4, El Iceberg e As Ánimas compartirán cartel na festa de presentación do proxecto. Tres bandas de Rural e unha noite que nos gustaría pasar con quen estades ao outro lado.
Gardádenos esa noite.
Venres 27 de novembro · 20:00 · Sala B, Madrid. Entradas en DICE.
