RURALPrivacidade
RURAL / NEWSLETTER

Privacidade.

Quen trata os teus datos

ETIQUETA NEGRA ENTRETENIMIENTO SL · NIF B19986298.
Calle Xela Arias 31, 27600 Sarria, Lugo.
Contacto: info@ruralpro.es.

Para que os utilizamos

Utilizamos o email que nos facilitas para xestionar a túa subscrición e enviarche novidades sobre a música, os artistas e os concertos de Rural. A alta é voluntaria e baséase no teu consentimento, que confirmas mediante a ligazón que recibes por correo. Sen un email e esa confirmación non podemos completar a subscrición.

O servizo de envío rexistra a solicitude e a confirmación, así como información técnica de entrega e interacción cos correos, como aperturas e clics, para xestionar os envíos e coñecer o seu resultado. Non tomamos decisións automatizadas con efectos xurídicos sobre ti.

Provedores e conservación

Brevo presta o servizo de subscrición e envío por conta do responsable. Podes consultar información sobre os seus subencargados, localizacións de tratamento e garantías para as transferencias internacionais na súa política de privacidade.

Conservamos os datos mentres manteñas a subscrición. Ao darte de baixa cesan os envíos; conservaremos unicamente a información necesaria para respectar a baixa, acreditar o consentimento ou atender obrigas e posibles responsabilidades durante os prazos legais aplicables.

Ti decides

Podes retirar o consentimento en calquera momento coa ligazón de baixa de cada correo, sen afectar ao tratamento anterior. Para exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade, escribe a info@ruralpro.es.

Tamén podes presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos.

Actualizado o 25 de setembro de 2026.

RURAL / CONTRATACIÓN

Falemos de música.

Cóntanos que estás preparando. Poñerémoste en contacto coa persoa axeitada.

Abrirase a túa aplicación de correo. A mensaxe envíala ti.